Este e o primeiro exercicio do 3ro trimestre de cultura audiovisual. neste caso trátase de fotografiar pareidolias. As pareidolias son "caras" que conseguimos ver en distintos obxectos, que teñen calquera finalidade excepto a de que vexamos caras.
Nesta primeira imaxe vemos como as entradas de TV e de RD son dous ollos e o círculo do medio unha boca.
Nesta outra, podemos ver unha cara cunha especie de bigote.
Nesta outra podemos ver un dinosauro ou bicho extraño, o cuello e a cabeza (de perfil) co seu respectivo ollo.
Esta é a mítica foto da parte frontal dun coche na que as luces son os ollos e a boca o parachoques.
E nesta última os dous tornillos nos laterales superiores son ollos e o burato central unha boca aberta.
A primeira foto é a entrada da antena, a segunda o mango dunha espada romana, a terceira unha lámpara de escritorio, a cuarta un coche (obvio) e a quinta a "caixa de sonidos" duns altavoces.




